04 setembro 2006

Bruxelas, Rue Dublin 17

Meu nome é Claraflor. Vivo na Rue de Dublín 17, no barrio máis cosmopolita e popular de Bruxelas, neste epicentro do Matongé, o chamado quartier africano, con nome do barrio de mercaderes de Kinshasa, cheo de cantantes pretos como Adolphe Domínguez, perruquerias e teares, froitas exóticas e tamén un teatro, o Molière onde ensaian as cantareiras de Ialma, onde mora meu veciño Xavier Queipo e onde viviu Marx. Ixelles, lugar tradicional de exiliados e inmigrantes, recuncho agochado da ollada das leis.

Meu veciño Nicholas, querendo facerlle unha homenaxe a unha antiga residente deste inmoble, colocou unha foto dela na entrada da porta. Seu nome, Alexandra David-Néel, quen residiu na Rue Dublin 17 entre os 6 e 17 anos de idade. Por curiosidade, e atraida pola foto no Tibet, procuro máis información dela. E entro nun mundo de sorpresas, por saber máis desta muller dinámica, polifacética e atípica para a época que debeu de rachar moldes, de sorprender a súa sociedade e invadir concencias. Orientalista, cantante de ópera, xornalista, exploradora, famosa pola sua visita a Lhasa en 1924, anarquista, espiritualista, budista e escritora de máis de 30 libros sobre relixións orientales, filosofía e viaxes. Sorpréndeme un dos libros, publicado en 1898, de título “Pour la vie”.


Cada mañá, cando marcho para o traballo ollo para ela, queira ou non, pois a foto invade todo o corredor de saida, mentras miña filla pregunta: nai, quen é esa muller que está no monte?. Alexandra, nosa veciña, digo rindo. E saimos, as duas, rúa abaixo, atravesando o Matongé que ainda durme, pois os hábitos tamén foron exportados, porque as culturas, igual que a nosa tamén son exportables e este barrio vive en especial na noite cos seus códigos e personaxes traspostos do antigo Congo. Só deixar testemuña desta casualidade que me permitiu saber algo máis dunha muller extraordinaria.

7 Comments:

Blogger torredebabel said...

Por qué será que tantas mulleres audaces para o seu tempo, so son recoñecidas moitos anos despois?

1:41 da tarde  
Blogger X said...

Tamén eu o atopo interesante, benvida ao blogomillo.
Un saúdo.

10:00 da tarde  
Blogger Torreira said...

Muller orientalista,anarquista,exploradora,escritora...que mais se pode pedir...iso é un coctel e non o que preparan no Modus...parabéns co blog,que frida veña tocando o acordeón

1:11 da manhã  
Blogger Lúa said...

Fan falla mulleres ai, cantas máis millor!!!!!

9:34 da manhã  
Blogger Clara Flor said...

Agradecemento con certa timidez escrita, que non de carácter, polos comentarios. Medo escénico se cadra. Unha aperta polos vosos comentarios e visitas de benvida.

2:02 da manhã  
Blogger Ra said...

Y que lindo el homenaje de Nicholas, perpetuandola en el vecindario...Un saludo!

10:31 da manhã  
Anonymous Anónimo said...

Curiosa descricion de Matongue, coñezo ben o barrio xa que traballo a caron en Square de Meeus.

Fixome gracia ver un blog dun dos incontables galegos que andan por Bruxelas - cada un polo seu lado, no mellor estilo patrio, non somos un pobo moi gregario nos-.

Atopo moi boa idea un blog coma o que estas a facer.

Un saudo e xa nos veremos por ai.

11:08 da manhã  

Enviar um comentário

<< Home


Estadisticas de visitas