12 setembro 2006

Blues da nube

O amor non entende de xeopolítica. Democrático ou dictatorial cando lle peta, pasa fronteiras, valados e prohibicións, rompe estructuras, engrandece ou anula, pode sobrevivir incluso nun teclado. Unanimidade internacional dos poetas para o seu recoñecimento.

Kavafis avisa, advirte dos seus perigos e placeres aos mozos. Outras veces, non se advirte, ven en forma de Schwängen, debilidade. Tamén Sen condicións, como fala del elegantemente Antón Lopo. Bukowski racha os tópicos amorosos. Agachado no peito de Alfonsina Storni, dia a dia, ano, sen decir seu nome, lonxe da curiosidade, da indiferencia e da maldade. E Gabriela Mistral avisa en Ausencias, do desamor. Amor emigrante non retornado, vivir para ver, poder dun querer!, di Rosalia de Castro. Desprazado, adoptado, maltratado, ensalzado. Nicolás Guillén, Un Poema de Amor, sen máis, defineo como a sustancia coñecida coa que amasamos unha estrela. Exiliado definitivo como o poema da uruguaia de orixe galego, Idea Vilariño Ya No.

Esquencemento forzado ou voluntario. Yehuda Amichai, Forgetting someone is like forgetting to turn off the light in the backyard so it stays lit all the next day But then it is the light that makes you remember.

Hai moito tempo, regaláronme un libro que gardo como un tesouro, Poemas de amor de Bertolt Brecht. A nube do Recuerdo de Marie A., inesquencible. Venme á memoria a escea de Romeo e Xulieta. “O love! O life! Not life but love in death”. Esa nube non se borra. Confirmouno Yeats, no seu poema When you are old.

5 Comments:

Blogger X said...

Gustoume o teu percorrido polos diferentes amores.

9:58 da manhã  
Blogger torredebabel said...

poucas cousas tan poliédricas, paradóxicas e bipolares como o amor. Que sana e enferma, que debuxa sorrisos e bágoas, que leva ao ceo coa mesma forza que deixa cair ata o inferno. Poucas cousas tan poliédricas, paradóxicas, bipolares e marabillosas coma o amor.

10:16 da tarde  
Blogger Torreira said...

E aquel que ama e non sabe vómitar verbas contando como ama?...ama dun xeito distinto?

7:40 da tarde  
Blogger Moralla said...

Fermosas verbas e moi intensa a mirada das fotos. Grazas por facer referencia da Idea Vilariño. Sempre é gratificante descubrir a poetas antes descoñecidas por min. Unha aperta

8:59 da tarde  
Blogger Moralla said...

Ola Clara For. Hoxe tes unha sorpresa no meu blog. Un bico salgado e areoso. Yoli

12:01 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home


Estadisticas de visitas