Voltamos
Voltamos. Con forza. Os silencios non foron voluntarios, a carga de traballo puido mais que as ganas de comunicarse. Tamén a insumisión das mans e do ánimo. Empezan as primeiras tardes mornas na cidade. Hai que limpar a pequena terraza e aproveitar os raios da vida neste domingo de marzo na casa de duas galegas en Bruxelas, que ule a lentellas con chourizo e alfajores.
9 Comments:
As veces, é necesario ollar cara atrás para coller forzas, limpar o presente das pegadas dun pasado duro e sair cara adiante frescas e renovadas. Mudando para ser os mesmos. Benvida!
lentellas con chourizo e alfajores....galiza global totally!
boa sorte nesta nova xeira from bsas
Noraboa polo retorno.
Unha aperta, Andrea
Súmome nesta nova viaxe ou no regreso.
Benvida.
Benvida outra vez... agardo que esa insumisión xa fora vencida polos ánimos renovados.
Benvida...xa perdera eu a espranza de que iste blog resucitase.Esas dúas galegas en Bruselas pintan moi ben.
Pintar pintamos, dibuxos, paredes e se cadra novas imaxes da diáspora galega. Esperamos non defraudarvos con esta timida revolta da volta. Ah, rematáronse os alfajores. A ver se Fios Invisibles, Cobiñas ou o gran admirador de Caetano nos envian unha caixiña, oh!. Aos do noroeste de Bruxelas, tócavos o chourizo!

Baste con esté de nuevo.
Que foto y que nena tan lindas!
Enviar um comentário
<< Home