21 março 2007

“Nunca se sabe en qué lingua fala Bruxelas”

Xavier Queipo, querido veciño do Matongué, foi elexido xunto con outros oito escritores para participar na iniciativa WIT -branco, en lingua flamenca-, situando o seu poema “As leis do caos: fluxo e mutabilidade” no patio do edificio do Concello de Bruxelas. O poema pudo lerse alí ata o 17 de marzo no seu orixinal en galego e con traducións ao flamengo, inglés e francés. Todos os poemas presentáronse o día 2 de marzo nun recital no Museo de Belle-vue no que os propios escritores leron as súas obras. A obra de Queipo está feita para a ocasión e dedicada ao físico belga Ilya Prigogine, Premio Nobel de Física que investigou as leis do caos.

Hai un par de meses, para presentar este acto e fundar o Collectivo Poético de Bruxelas, a Librería internacional Passaporta acolleu a poetas da cidade de Bruxelas. Co obxectivo de integrar a actualidade urbana na poesia, foron escollidos 8 autores da vila entre 400, para configurar un proxecto colectivo. Formáronse duos poéticos. O escritor de orixe italiana Rossano Rossi, falou da sua orixe como parte das múltiples diásporas desta cidade, afirmando este feito como un fenómeno desta vila. Con él unha muller de orixe rumana e bretona, que residiu durante anos no Congo, Juliette Aderca, quen leu un poema coa contundencia e escenificación das vellas estrelas de cine dos anos trinta, aferrada á sua perda de inspiración durante vinte anos, que agora afirma, voltou.

O segundo, formado por José Ovejero e o galego Xavier Queipo, quen falou que despois do seu exilio económico en Bruxelas, chegou á exteriorización da escritura. “Empecei a escribir aquí”. Este expert des poissons, polifacético, de formación biólogo e médico e funcionario actualmente na Comisión Europea, escrebe en galego en Bruxelas, porque é a lingua dos seus soños e pensamentos. Escolleu o poema “As leis do caos: fluxo e mutabilidade”, porque Bruxelas é a cidade do caos, desestructurada dende o punto de vista cultural, pero intensamente culta e con cultura viva. O madrileño José Ovejero leu un poema que falaba das viaxes por Europa, un encontro no tren casual entre viaxeiros de Europa Central a Hendaia, un amor breve, “me dolió que no le doliera el olvido”, e loubou que a poesia anónima de tantas nacionalidades pasara con esta iniciativa a ser colectiva.

E entre outros, un africano cun flamengo. Jae Mae Kân, natural de Jamaica, fillo de colonizados, residiu en Paris e Camerún, de inspiración literaria europea e afroamericana. O movimeto da negritude, creado en Francia nos anos 30, movimento surrealista xurdido contra o colonialismo, coa chegada de negros americanos a Paris no periodo de entreguerras, reivindicando o patrimonio cultural da oralidade africana. Mistura música, flauta, maracas, djembé, con poesia, para él poesia política “bastiller au nom de la liberté, de l´ègalité, de la fraternité pour des siécles et siécles, contre ceux qui devant nous confisquent l´horizon ». Geerte van Istendael. “Nunca se sabe en qué lingua vai falar Bruxelas”. Asombrado polos millares de persoas que nesta cidade, falan distintas, tomou este fenómeno ao escoller seu poema “Parle Bruxelles parle, tu a autant des bouches” para falar deste exemplo único, da Bruxelas cidade que aceita as lenguas, as dos Estados e as das nacións sen Estado, lenguas exiliadas, asiladas, namoradas, apagadas, lenguas nais, fillas, linguas libres”. Por eso Bruxelas cidade tamén fala galego na obra e neste recoñecemento internacional como poeta da cidade de Xabier Queipo. Xa podia a Unión Europea recoñecer o mesmo que o lugar que acolle suas institucións.

Fotos de Ce-Tomé

4 Comments:

Blogger Torreira said...

Boa crónica...xa podia si

10:12 da manhã  
Blogger Moralla said...

Paréceme unha iniciativa fabulosa, que contribúe ao coñecemento mutuo entre culturas. Unha aperta

3:19 da tarde  
Blogger Son Unha Xoaniña said...

Certo unha gran iniciativa desta cidade de tan variada diversidade cultural e de idiomas...pero tes razón xa podia recoñecer o Galego xa...

6:31 da tarde  
Blogger torredebabel said...

""screbe en galego en Bruxelas, porque é a lingua dos seus soños e pensamentos". E non hai mellor motivo para usar unha lingua. Por iso, todo o que Queipo escrebe é tan fermoso.

6:32 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home


Estadisticas de visitas