Le petit monde
Ademais prefiro felicitar o ano cando xa leva un mes de percorrido, asi que all the best for you.
Hai pendentes algunhas historias que contar desa galeguidade universal silenciada. Imos a investigar. Empecemos, por un cadro. A ver quen me di onde se atopa esta obra de Castelao?
Tarde belga de inverno, non saimos, o ar corta hoxe especialmente. Ela ponse a xogar, colle a bola, dalle voltas, reviravoltas. Nai, si que é pequeno o mundo, que colle nas miñas mans.
8 Comments:
Coidado!!!! non permitas que a tua filla vaia por aí. Porque iso tamén o dicía o protagonista de "The Great Dictator" cando xogaba co globo terraqueo.
Pero o globo ten a proxección Mercator ou non ? Apertas dende Bristol, onde tamén vai un frío do demo e imos en bici o traballo...
Anónimo, non se preocupe, que é unha cativa moi lista que toca o globo para perguntar onde están seus primos americanos, súas aboas galegas, ou nosos amigos de Bos Aires e un frioleiro amigo de Bristol, a quen lle mandamos un bico. O tamaño do globo petit petit.
"Galeguidade" termo que lle encantaba a Amarelo de Castro e polo tanto a Don Manuel. Termo que lle encanta (polo que se le) ó sector folclorico-viaxeiro de BNG. Moita bagoa de gaita galega, moita esmola, moito pedir o voto... ao final todos os partidos sodes iguais. A este ritmo, os políticos ides darlle a "galeguidade" ós fillos de Breogan que ficaron en Irlanda...
Agora unha delegación da Xunta en Bs.As. onde das catro persoas que van traballar, unha é de prensa... xa o di todo: o 25% dos esforzos en propaganda...
Governo de progreso: máis do mesmo
Penso que vostede se confundiu de páxina, sr anónimo, de páxina, de persoa, porque aqui nen hai bágoas, nen hai petición de voto, nen a galeguidade a que vostede se refire, polo menos neses termos, e do da delegación da Xunta, case mellor, tamén pergúntelle a eles, que aqui humildemente, estamos para outra cousa. Que eu saiba, por certo, no BNG hai sectores, pero non sectores como vostede define, de forma despreciativa. As veces, hai que informarse para opinar, construindo, non destruindo. Sinto que esta humilde páxina non sexa do seu agrado, en calquer caso, non trata de convencer a ninguén, só de falar as veces de cousas esquencidas. Bo dia e disculpe polo meu atrevimento a respostar, sempre clarificando cando te confunden ou con "sectores" ou con persoas e penso que foi o caso.
Ben contestado, Clara. Non sei donde estaban estes antes...se cadra andaban ao Gran Sol, e non opinaban por non ter cobertura pra internet. Xentiña.
Pois esse cadro nom sei onde se atopa, mas em qualquer parte do mundo pode ser, tendo em conta que percorreu meio globo exponhendo a sua obra...ia dizer Moscova, mas fico com Buenos Aires, ainda que seguro que acabo falhando.
Confesso que nom gosto desse termo: "galeguidade", é certo que está muito prostituido pola propaganda fraguiana, sobretudo.
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
Enviar um comentário
<< Home