Verde
Cor benquerida das linguas da maison. Green, grün, vert, verde.
Encántame aínda que sexa un tópico como o verde do meu país. Hai unhas semanas que estiven alí e dende o bus de Compostela a Vigo, sorprendinme cos fentos que naceron perto das rochas despóis dos incendios que bordean toda a autopista do Atlántico. Discretamente asombrada polas fiestras, como se fora a primeira vez que vía aquel lugar.
A distancia trastoca até as cores. Non sei se hai unha cor que se poida asociar á diáspora galega. Se así fora, eu non escollería nen o azul nen o vermello nen o branco ou preto, senón que escollería o verde. Non por razons obxetivas, senón porque é unha cor aberta, producto de dúas cores, do azul e do amarelo. Mélange. Verde como actitude, como deferencia, como pose, como compromiso, como a cor da armonia. Verde como a esperanza prestada do que debe ser o futuro.
(Foto prestada de Viajando nas palavras).
6 Comments:
Verde da esperanza na nosa cultura. En Asia a esperanza ten cor vermella.
Estou de acordo coa súa elección, esa é tamén a miña cor.
Como decía Lorca:"Verde que te quiero verde"
Mi color preferido, con diferencia.
besos
¡Ui! tamén é o color da Benemérita, je je. Ahora mismo, Ghalicia está verde e amarela, preciosa...e que continue sempre. Bicos
a min gústame a diáspora de todas as cores, de todas as xeografías, de todas as diferencias pero uniforme no seu amor por Galiza. Algo no que ti, benquerida Clara Flor, tes moito moito que ver...
Clara Flor, verde é a cor que acompaña a tódalas flores, así que paréceme apropiada para ti na daáspora.
Un saúdo.
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
Enviar um comentário
<< Home