Nómadas
No andel, unha bola do mundo, para non esquencer a humilde relatividade das residencias alternativas. Un atlas colgado na parede onde se marcan lugares visitados, que teñen cara de pobreza, de infancia, de ansiedade cultural, de política e migracións.
Mulleres e homes transterrados, desprazados, transnacionalizados, exiliados, asilados, migras, borders, transeúntes, nómadas, transfronteirizos, a consecuencia de guerras, conflictos armados, desastres e catátrofes naturais ou alteración do medio ambiente provocado, necesidade económica, pobreza, maltrato, falla de libertades, violacións dos dereitos humanos…. Douscentos millóns. Máis da metade mulleres. Os migrantes son os sufridores das fronteiras, cicatrices da terra, a cara humana da liberalización económica como afirma Eduardo Galeano.
O fotógrafo brasileiro Sebastião Salgado asi o denuncia na exposición Migration.
Non deixo de pensar cada dia neste feito que muda a faciana do mundo, por convicción, por observación do entorno e tamén porque a emigración galega formou e forma parte ainda da historia das migracións internacionais.
6 Comments:
Corazones de mudanza (relativa), Clara Flor.
Bico
Os movementos migratorios acompáñannos ao longo de toda a historia e ao longo de toda a prehistoria.
¿Realmente o ser humano deixou algunha vez de ser nómada?
Estou de acordo con Mrs. Doyle: cando deixou o ser humano de nomadear ?.
Un saudo e gracinhas pola visita. Agora escribo dende a terrinha pero tamen botei unha tempada nos EEUU.
http://eueoseeuu.blogspot.com/
marchamos polo mundo e levamos na alma o que somos, o que fumos e tamén o que queremos ser. Desexo un mundo no que os galegos berren, se queixen e -se queren- tamén emigren. Pero só se queren...
Apúntome o mundo de torre...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
Enviar um comentário
<< Home