Meniñas
Duas meniñas xogan no quartier de St. Josse. Unha é galega, de 5 anos, outra marroquina de 8. Cantan, rin, toulean. A marroquina dille á galega: qué sorte, ti non vas ter que usar velo, a min xa me di meu pai que dentro de pouco vou ter que poñelo, que a nosa relixión di que é obligatorio. A galega dille, en Marin, onde é a miña nai, só o usan as aboas vellas moi vellas e ti es moi nova, e non vas estar guapa. Un exemplo de futuros diferentes.
Asisto estupefacta á conversa, conversa que se pode estar dando en moitos parques europeos, en moitas escolas, porque a infancia ten unha adaptación enorme que logo choca cos costumes sociais e relixiosos traidos non nas maletas senon nas cabezas, que moitas veces forman parte do acervo cultural, pero outras van cargadas de impedimentos para que as mulleres, poidan tomar suas propias decisións. Non podo evitar que me veña ao pensamento a campaña que iniciou en 2003 o movimento “Ni putes ni soumises” en Francia.
Meniñas que viven en Europa, con linguas e culturas diferentes, con futuros tamén moi distintos senon se aplica outro tipo de politica.
9 Comments:
En efecto, somos responsables da transmisión interxeracional e eu, que o sei, despois de catro anos de loita sigo sen conseguir que miña nai lle fale en galego á miña sobriña. E quen fala da lingua fala dos prexuízos, das crenzas, do amor á beleza...
Ia a decir...o que dixo X (a conversa do velo e das vellas galegas é xenial)
Los niños no tienen tantos problemas como los adultos para llegar a entenderse...la tarea de legislar debería estar en sus manitas, ¿no cree?.
Bico, Clara Flor.
A humanidade é complexa e impredicible e quen di que non haberá homes con velo dentro de cen anos ?.
Que haxa diversidade pero con tolerancia.
Son firme defensora e practicante da interculturalidade... agora ben dentro da liberdade.
Os pais de esa nena deberían esperar a que ela medrara para decidir se quere cubrir a súa cabeza ou non, do mesmo xeito que os meus deberían ter esperado a que eu decidira se quería ser bautizada ou non... Claro que a cabeza mollada dura uns intres e a cabeza tapada dura máis tempo...
No fondo, esa xenreira ás formas de vestir doutras culturas, doutras crenzas (o ateísmo tamén é unha crenza) en moitos casos non deixa de ser outra forma máis de racismo. Non sei por que estrana razón occidente ten que ser modelo nin canon de nada.
Eu non teño nada claro que os musulmáns teñan que estar equivocados porque sexamos nos os acertados, nos últimos cincocentos anos foi a nosa cultura (occidental e civilizada) a que tratou de avasallalos e sometelos, polo que calqueira intento de criminalizar o islam a respeito das liberdades debería ter un prólogo de análise teleolóxica (de onde ven todo isto?).
Nesa conversa de nena musulman con nena que non o é posiblemente a nena se referise á imposición do pai, pero se cadra podería terse referido á da nai, habitual transmisora dos valores relixiosos nas tres relixións do Libro.
Porque, seguindo con eses exemplos, que pensaría vostede se a sua filla conversase ca duns hippies naturistas e se evidenciase que a sua filla posiblemente prefire ir espida que con vestidiños e laciños no cabelo? Seguramente prefiría tamén ir en caravana aprendendo números circenses rodeada de cans, pero en troques, vostede sometea a disciplina da aprendizaxe oficial, o réxime cuartelario da gardería.
Respeitar a diferencia do diferente (do tipo que sexa) é respeitarnos a nós mesm@s.
Un dia teño que levar a esta galeguiña coa sua sobriña, Selva, para que xuntas visiten a sua nai, conte con nós, a ver se botamos unha man para convencela con probas evidentes da riqueza da aprendizase de linguas. Ra, concordo, un bico de volta e outro para Torreira. Interculturalidade, respeito ao diferente, tolerancia, Paideleo e Mrs Doyle, por suposto, partimos duns minimos aplicables por igual e nós só coa ollada occidental senon coa relatividade doutros enfoques dende outras partes do mundo.
Anónimo, a conversa que escoitei falaba do pai, pero pode ser a nai, claro. Asistin estupefacta, porque esa nena galega de Marin vive nese barrio árabe, e está acostumada a ver meniñas co velo, pero agora, empeza a ter un vago criterio, non con fundamentos, evidentemente, senon estético, e sorprendeume. Tampouco teño nada claro que teñamos nós a razón, todo é relativo, e menos cuestionando ao islam, senon prácticas do islam como pode ser a do castigo corporal ás mulleres, simplemente describo cousas que vexo, integrada nun barrio que lle poderia decir que se ben é africano de apariencia, reside moita xente árabe, polo que se non respeitara o diferente, viviria no bairro europeo sen misturarme coa cidade e non nun bairro popular. Cando falaba de lexislar, é para facelo no respeito á diferencia, para evitar racismos, pero cuns minimos de convivencia que se baseen en valores laicos. O velo, na sociedade europa, se se concibe como un sinal de discriminación da muller, a min si me molesta por moi tolerante que sexa; se se garante que non se da a discriminación senon un sinal estético como pode ser tinxir o cabelo, pois seria unha perspectiva distinta. Pero pense se é asi ou non, o que o velo significa, o que leva detrás....igual de cuestionable, outros signos doutras relixións para empezar a católica, xudia, etc.
O exemplo que describe das nenas, non creo que sexa comparable, aqui estamos falando de infancia que se cria en Europa, con valores europeos, e que ou se lexisla para que se respeite esa diversidade, non para que se suprima, senon para que se respeite e se facilite a convivencia, ou seguiremos tendo exemplos de exclusión. Graciñas a tod@s polos comentarios.
Somos todos responsaveis pela educação das nossas crianças, para que aprendam a respeitar e tolerar e principalmente que conheçam e tenham orgulho das suas raízes. Não sou galega mas vou vizinha minhota, casada com um alemão, tento que os meus filhos aprendam o português, não é fácil quando a única pessoa que eles ouvem falar português é a mim, mas lá vão entendendo tudo e esforçando-se por falar. As minhas crianças tem raízes de duas culturas diferentes e talvez por isso sejam crianças que não tem qualquer problema nem façam distinções com crianças de outras culturas, desejo que assim continuem, a respeitar e a aprender a tolerar.
Gostei moito deste espaço e voltarei com toda a certeza.
Unha aperta
Ola! un blog moi orixinal, gústame. Visitareiche con asiduidad.
Saúdos
Robert
Enviar um comentário
<< Home