Paz espera
Paz espera en París. Filla dunha familia de exiliados en Venezuela, viveu a historia do exilio acollendo na casa de Caracas a persoas da nosa historia recente como Blanco Amor, Velo e outros. Veuse a París por amor hai máis de vinte anos, onde ten dúas fillas, Meiga e Viviane.

Paz espera en Paris. Con grandeza, con enerxía, con forza. Hai un mes tivo unha recaida moi forte e ten que mellorarse para un futuro trasplante. Agora volta timidamente ao correo, como tecleando suavemente para que o corpo non doa. Di que ten moitos proxectos como escribir sobre o exilio e trasladar a Galiza a experiencia como Vicepresidenta da asociación de pacientes renais de Paris.
Paz espera en Paris un ril que ainda non chegou.

3 Comments:
Pero vai chegar. E iso é o que importa. Apertas para as dúas!
Moitos ánimos para Paz, que non deixe ese proxecto de escribir sobre o exilio, axudaraa a ela e aos que poidan ler o seu libro.
un saudiño.
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
Enviar um comentário
<< Home