17 maio 2007

Letras


"Nai, por que falamos en galego en Bruxelas? Cando imos a Vigo os nenos falan en castelán".
A ver, quen me axuda a respostarlle ?

17 Comments:

Blogger torredebabel said...

Porque haber hai moitisimas linguas. E todas elas falan do mundo e das xentes. Pero so hai unha que fala de nos, do que sentimos, do que somos. So hai unha que pinta as paisaxes coas cores que nós vemos. So hai unha que vale para decir "ámote" dun xeito exacto a como o sentimos. So unha delas é a máis precisa para reflectir as ideas. Falar moitas linguas apréndenos a ser máis libres, máis sabios e máis respectuoso porque da man desas verbas distintas tamén achegámonos a mundos e olladas distintas. Pero falar a nosa lingua nos fai únicos, donos do noso destino, auténticos e poderosos. Faldes galego en Bruxelas porque o galego fala de vós.

4:34 da tarde  
Blogger Suso Lista said...

Estaría ben facer un documental, de como en Galiza se fala castelán, perralleiramente, e que os que o falan, se diran conta do cafres que se pode chegar a ser, por unha mal entendida cultura de ciudad que quere fuxir do aldeanismo. Hai moitos ppueblos que tamén empezan a falar mal o castelan, e o galego e o ingles, pra mais o chines.

11:06 da tarde  
Blogger Da sibeira e do cuarto said...

Benquerida,
dille que ten que aprender galego para poder falar coa súa amiguiña de Barcelona que tamén fala en galego.
Apertas.

1:16 da manhã  
Anonymous Anónimo said...

Dille:

"filla... en Galiza non che falan o castelán, o que che fan é imitalo. Eles desexarían facelo, pero os pobriños só conseguen falar un galego castelanizado, pijo e chulesco, como querendo ser diferentes dos "aldeanos".

Unha achega de Carod-Rovira aos galegos que asistiron onte ao acto do Día das Letras Galegas: "galegos, tedes que facer medrar a vosa autoestima, tedes que amar o voso pais, tedes que desfrutar da vosa lingua, tedes que trasmitirlle aos vosos fillos esa marabillosa cultura galega, non a deixedes morrer".

Apertas dende Barcelona.

Pablo

1:52 da manhã  
Blogger Ra said...

Madre mia...qué preciosa!
Esta nenita sabrá descubrir ella misma la respuesta, y como dice Débora, descubrirá qué lengua habla de ella.

Bico forte,Clara Flor

10:11 da manhã  
Blogger Roi Buligan said...

Pois Mira con esta cita do Rovira si que concordo...

11:23 da manhã  
Anonymous Anónimo said...

Dille que é a lingua que ti falas, na que mellor te espresas e que ela pode facelo contigo independentemente do que fagan en Bruxelas ou en Vigo. Que é a vosa lingua, a de vós as dúas. Que se sempre o fixestes sen preguntar é que non tendes que buscar un motivo.

1:14 da tarde  
Blogger Mrs.Doyle said...

Boísima pregunta.
Por qué os de fora de Galiza amosan un interés e respeto tan grande pola nosa cultura e moitos dos de dentro seguen a cultivar ese sentimento de que non serve de nada?

4:07 da tarde  
Blogger Clara Flor said...

Cando Carod falou en galego no Congreso con motivo da proposta de Estatuto de Catalunya, envioume un sms, no non conecia moito, coincidiramos nuns actos en Bruxelas, para avisar que ia intervir na nosa lingua. Foi moi emotivo e agradecino moito. Como agradezo inmensamente vosos consellos e desexos para comentarlle a esta Mafalda galega. Consellos das amistades da rede que un dia vai gardar como un tesouro cultural. Pode que este sexa un bon soporte da supervivencia da lingua nonsi??

11:47 da tarde  
Blogger Son Unha Xoaniña said...

Mira que che me gustaron as palabras de Carod, pero é que claro os cataláns teñen orgullo do seu e valórano, nos inda non chegamos a ese punto, sentimos como si o noso (costumes, idioma...) fose de segunda, Pero estou segura que chegará o día en que o noso sexa tan importante para nos como o dos cataláns o é para eles.
E a túa filla, e se cadra os meus, serán capaces de estimalo no que vale, e sentiránse orgullosos de ter unha lingua propia na que amarse.
Un saudiño.

7:31 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

yo le diría que cada uno habla lo que quiere donde quiere, ¿no crees?, o lo que le resulta más útil
un abrazo en el idioma que haga falta, de
amor

4:10 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

É curioso ver como esta xente se enfurruña coa obriga de falar galego en Galiza e sin sequera se dan conta de que a Carta Magna lle di que "tiene el DEBER y el derecho de hablar castellano". Semella que esta obriga é importante.


Que cousas, eh?

P.

1:38 da tarde  
Blogger Micas said...

Um dia ela vai descobrir por ela própria o valor das suas raízes e, então será mais uma a se orgulhar da sua cultura e a tudo fazer para que a mesma se mantenha bem viva nos coração de todos os galegos.
Eu também ensino galaico-minhoto aos meus filhos, não os obrigo a falar mas sei que um dia eles vão reconher o valor das suas raízes.

Bicos

12:01 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

As crianças fazem cada pergunta! E não é as suas perguntas têm sempre lógica e raxão de ser? Um beijo Clara.

12:11 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

Penso que ser amplos e respectuosos coas demáis linguas non ten que ver co esquecemento da nosa propia cosmovisión.
Doce lingua a nosa, verdadeiro tesouro gardado ao longo dos séculos.
O noso galego, calquera sexa o lugar onde pasen os nosos días é a proba da nosa identidade e a conexión cos nosos antergos.

Antón.
Neto de emigrantes.
Galego en Bos Aires.

3:24 da manhã  
Anonymous Anónimo said...

Castelán en Vigo???
Castrapo, como moito...
"Entender, el gallego te lo entiendo; pero no te lo doy hablado"
Castelán en Vigo...

8:18 da tarde  
Blogger 日月神教-向左使 said...

Este comentário foi removido por um gestor do blogue.

3:11 da manhã  

Enviar um comentário

<< Home


Estadisticas de visitas