11 setembro 2007

Mudar a pel

En memoria de Salvador Allende


Outra vez indo e vindo. Galiza ainda coa distancia das redes transeuropeas que non chegan nunca a xeito e fan dos aeroportos longos refuxios da pacencia. Cheguei de América o domingo, desfixen maleta e fixen outra para retornar o luns a Bruxelas, cunha pasaxeira máis, que muda de escola e que cada vez asemellase máis a mademoisselle Mafalda, incluido o pelo.

Disque a pel muda ao rematar o verán. Despois dunha etapa vital tamén. Despedida de xentes, como do amigo Elixio e de lugares, pero sobre todo dunha despedida enorme das de difícil antídoto. Tamén as despedidas dos sitios. Dez anos en cada lugar, como decia Kipling. Hoxe mesmo cúmplense dez anos dende a chegada a Bélxica, que era por un ano e acabaron sendo dez. Non sei se se trata dun síntoma de personalidade senon dun imán irreparable que se move cara as mudanzas. O outro dia dixome alguén que daba a impresion que me levaba o vento, como a protagonista da pelicula Chocolat. Pois o vento sopra de novo, igual cara outro continente. Ou simplemente para mudar a pel co pensamento.

Este verán tiven a ocasión de poder falar con Luis Sepúlveda, o escritor chileno. El decia que se sinte un trotamundos, o que significa que súa vida non fora mellor nen peor que a do resto, senon, simplemente, máis incómoda. Pareceume ben apreciado, se un ve moitas realidades pero ten pel para ver o sofrimento alleo, os ollos van adquirindo dobreces alegres e tristes, pero nunca inmutables. Aproveitei aquela conversa para agasallalo co maravilloso libro de artigos do admirado Eduardo Blanco Amor Chile a la vista. Emocionouse. Aprezo máis seus artigos políticos e seu cine, que as novelas, máis algunhas si e se tivera que escoller, escolleria Patagonia Express, un libro de apuntes de viaxe que fala dos diferentes episodios de vida, encarcelamento, tortura, exilio, encontros, viaxes, paisaxes, fronteiras... E sinxelo e lembroume a alguén moi bo no humano e no profesional e que tamén escribe en Moleskine.

Hoxe é o dia doutro chileno, Salvador Allende.

Pola vixencia das súas ideas, pega a pena mudar a pel.

9 Comments:

Blogger Torreira said...

O pelexo enteiro...bicos

12:46 da manhã  
Blogger Marinha de Allegue said...

A pel (fiel protección) muda e nos con ela. Mais os pousos das nosas vivencias e emocións quedan grabadas nela pouco a pouco vaise enchendo de información e conformando o noso mapa vital...

Unha aperta grande desde a cidade do apostol.

*Deume ledicia a túa visita no blog moi agradecida.
:)

8:50 da tarde  
Blogger torredebabel said...

poucos organos do corpo enchense de pegadas do que pasamos e vivimos coma a pel que nos aperta e coida. Mudamos nós, muda o mundo, deixamos capas que xa non nos valen, pero a pel -como ben anotou Marinha- garda a nosa memoria.

12:35 da manhã  
Blogger Cobiñas said...

Qué lindo post. Qué lindo homenaje. Valió la pena esperar tu regreso :-))
Besos

6:55 da tarde  
Blogger Mrs.Doyle said...

Fermosísimo post! Eu tamén escribo e debuxo nun moleskine.

1:16 da tarde  
Blogger Fada Branca said...

Encantame poder ler un post tan fermoso en galego porque esta fadiña emigrada non ten ocasión de falalo polo menos pode lelo, e se é desta maneira mellor

12:33 da tarde  
Blogger vermella said...

benvida aquí de novo,e que Bruxelas siga lembrandolle a galicia(digo polo tempo).
Saúdos.

5:29 da tarde  
Blogger Lula Fortune said...

Encantada de devolverche a visita. Gosto do que vexo e leo. Vou quedar. Bicos.

11:02 da tarde  
Blogger 日月神教-向左使 said...

Este comentário foi removido por um administrador do blogue.

3:11 da manhã  

Publicar um comentário

<< Home


Estadisticas de visitas