27 outubro 2006

Muller en habitación de hotel

Edward Hopper fixo este retrato en 1931.


Pode ser unha muller galega e emigrante.

Ven dunha longa viaxe. Ven de Galiza. Saiu de Vigo. Chegou a Buenos Aires. Tiña 20 anos. Viña casar por poderes. Para moitas mulleres, era a única maneira de sair, sobre todo para as italianas, que casaban por poderes en masa, cos homes na guerra, os homes emigrados. Agora está no hotel, ven moi cansa, un mes no barco, con ese sombreiro mercado na Coruña
. Pode ser o dia da chegada, naquela pensión de galegos, os veciños duns parentes de Culleredo que eran referencia de aloxamento para moitos que chegaban. Igual pode ser despois da boda, da boda virtual, vendo que o home co que se casou non era o que pensaba, aterrorizada, fuxindo, pensativa qué era o que faria nesa gran cidade, aonde chegara para casar. O primeiro choque foi sair no barco, logo a travesia onde fixo amistades, onde cultivou saudades e enlatou outras coas ondas.

Ela tivera moita sorte, seu pai estivo en Cuba, trouxera uns cartos e pudo mandalas a escola, a Santiago, e ali conoceu a moita xente interesante, moita que logo atopou de novo en Buenos Aires, como a mestra logo fusilada que lle deu clases de francés. Ese coñecem
ento axudoulle a atopar traballo nunha empresa francesa de costura, na Avenida Rivadavia; onde estivo 10 anos, dali mudou a unha librería na rúa de Corrientes, que limpaba agarimosamente libro por libro, aprendendo nomes e esencias. Un dia veu entrar a un home falando en galego con outro, ben parecido, e achegouse. Era Eduardo Blanco Amor. Logo aquel home hermoso de de boas maneiras falou dela, ainda que ninguén se percatara. Empezaron a facerse moi amigo, falaban e un dia convidouna a tomar un chocolate ao Café Tortoni, onde se fixeron confidencias das súas vidas, das dores, dos desagravios. E ali presentoulle a don Arturo Cuadrado que cando a viu ficou cos ollos ben abertos. Tan fermosa, tan doce, tan brillante. Pero ela que estaba a descobrer un mundo novo en todos os sentidos, sempre voltaba co home co que se casou por poder, e que ao final, acabou querendo por inercia.

Cantas mulleres emigradas no silencio tecendo soños de identidade, nunca valoradas. Mantiñan a lingua na casa, educaban aos seus fillos nos hábitos galegos na intimidade, ainda que para fora tomara forma de adaptación nos costumes do lugar de acollida. Ficaron no esquencemento, nas casas, nas márxenes dos libros de historia.

Agora temos que falar delas, feminizar a Diáspora, darlles voz. Elas queren. Queren poder. Dino, crean redes como a que acaba de xurdir en Buenos Aires con motivo do encontro coa Secretaria Xeral de Igualdade Carme Adán, organízanse, reclaman seu dereito á información. Despertar de concencias. Diáspora en movimento, tempo xa para as mulleres emigrantes.


O Parlamento Europeo publicou un informe no que se explicitaba que son as mulleres as máis afectadas polas migracións nos procesos de globalización. Galiza, experta en globalización pola diáspora é proba, as que ficaron cos netos dos nosos paisanos emigrados a Suiza, Francia, Andorra, Alemania. As que marcharon, soas, coas familias, acompañadas polo desarraigo. Respeito precisa a sociedade galega, pois ninguén é alleo a ese fenómeno, ninguén emigrou por vocación, polo tanto, respeito, en voz alta, con dignidade.

Temos que falar da muller do cadro, da muller soa que chega a Bos Aires, a Montevideo, a Cuba ou Caracas. Temos que falar dela.


Estadisticas de visitas