24 março 2008

Paz Noya

Paz esperou en París e o ril chegou. Chegou e instalouse, mais o corpo xa estaba canso. Foisenos estes dias cun corpo que non acompañaba a súa ilusión, un carácter vital e optismo. O contido non se correspondia co continente. Tantos proxectos, que fican sen facer, neste caso porque precisaba a autonomía que o novo ril lle ía a dar. O sábado paz volta á Terra, e o domingo, a refundir continente e contido no Monte de Santa Tegra, como ela queria.

15 março 2008

Mélanges


Na escola fixeron hoxe unha festa que se chamaba nations du monde. Chamei a Miguel Allo a ver se podia achegarse a colaborar. Ao home de azul gustoulle tanto, que grabouno abraiado. Non sabia onde fica Galiza, ate hoxe. Son as curiosidades sen complexos provocadas pola beleza dunha nota galega.

03 março 2008

Eu xa votei


Estadisticas de visitas