27 janeiro 2008

Le petit monde

Volto contadora, aviso, ainda que houbera un tempo no que foi mellor calar.

Ademais prefiro felicitar o ano cando xa leva un mes de percorrido, asi que all the best for you.

Hai pendentes algunhas historias que contar desa galeguidade universal silenciada. Imos a investigar. Empecemos, por un cadro. A ver quen me di onde se atopa esta obra de Castelao?

Tarde belga de inverno, non saimos, o ar corta hoxe especialmente. Ela ponse a xogar, colle a bola, dalle voltas, reviravoltas. Nai, si que é pequeno o mundo, que colle nas miñas mans.


Estadisticas de visitas