Cores e mudanzas

As cores mudan ao misturarse entre elas. Varian segundo o ollar, segundo a luz e a perspectiva. Algunhas familiares, outras lonxanas. Cores vivas e cores mortas. Cores persoais e alleas, cores da politica e do saber. Pero se quixeramos asociar as cores aos sentimentos ou aos estados de ánimo, teria unha correspondencia? Fora dos tópicos comerciais, cada persoa asocia cores a lembranzas, a desexos, a experiencias. Por exemplo, eu asocio o amor coa cor do chiculate, plácida, acolledora, a cor da decepción co amarelo, hermético e desesperanzado, a amistade co verde, o azul coas viaxes e coas orixes, a da politica, co vermello ainda que sexa un tópico, polo menos na que eu creo, e a do silencio, esa sen dúbida, coa cor morada. Non sei moi ben por qué. E para vós?
Estas foron unhas semanas moi cargadas antes de ir para Galiza xa en breve, e varias mudanzas ou engadidos laborais que van a dar ainda un anaco máis de traballo, de ilusionante traballo. Máis Galiza en Europa vai ser outro dos obxectivos dos vindeiros meses.
Tamén outros cambios da petite madame que empeza o ciclo escolar nunha escola do quartier, na que hai 49 nacionalidades. Nuns dias vai estar de aniversario, catro anos, catro anos de diáspora e de maletas. Imos inscribirnos na nova escola e pergúntanlle de onde é, e resposta coa soltura das mafaldas universais: "Je suis galicienne et je parle le galicien, et ma maman elle est aussi galicienne et nous sommes ici parce qu' elle travaille à Bruxelles, mais je suis aussi française, parce que moi, je parle aussi le français (son galega e falo galego e miña nai tamén é galega e estamos aqui porque traballa en Bruxelas, pero tamén son francesa porque falo francés)". Rin soa moito e moito con esto. Velai un exemplo do que Thomas Mann afirmaba, miña patria é miña lingua.