12 novembro 2007

Angirû, amiga guarani

Pois vou falar desas amigas. Unha delas vive en Paraguay e chámase Perla Alvarez Britez. Perla tamén naceu en maio do 71. Tamén ten fillos. Tamén vive nun pais bilingüe, pero non de realismo máxico precisamente, senon nun pais onde seus amigos e compañeiros campesinos son asesinados, onde se plantan cultivos extensivos vulnerando todos os dereitos, onde poucas familias son as donas dun pais cunha gran masa de poboación pobre pero con recursos mal explotados como a auga do acuífero guarani, un pais cheo de mafias e corrupción. Pero tamén un pais diverso, que non quere afogarse. Por eso, Perla tamén corre polo mundo a falar dos problemas da súa xente, e a petición de recoñecimento dos seus dereitos económicos, medio ambientais, sociais, culturais e linguísticos. Foi por esto que coincidimos. Ela presentoúseme en Montevideo, nunha reunión na que buscaban apoio internacional decindo, "venimos a hablar con usted porque nos han dicho aqui que también es pueblo".


Ai empezou unha estreita relación co Movimento Campesino Paraguaio, do que ela forma parte xunto con outros queridos compañeiros como Belarmino, do que falarei outro dia, que me levaron a falar de Paraguay, por petición de ambos e compromiso co que defenden, por onde pase. Porque Paraguay, é un pais sen prensa, un pais descoñecido onde van celebrarse unhas decisivas eleccións en 2008, que esperemos lle den a Presidencia ao candidato progresista das forzas sociales e de esquerda Fernando Lugo. Nuns meses, tamén Paraguay pode ter voz de seu, nunha América Latina que aparenta dia a dia e en lugares diferentes xa non cala a ninguén.

Perla traballa en moitos lugares á vez. Educa, informa, recolle, apoia, milita, coordina, xestiona, vende, merca, escribe. En Paraguay precísanse moitos traballos para sobrevivir. Onde máis tempo pasa, é aqui, promovendo neste colectivo as campañas a nivel internacional como a de que a lingua guarani, lingua cooficial de Paraguay, sexa lingua oficial do Mercosur. Coma nós, nunha instancia semellante de integración rexional como é o Parlamento Europeo.

As amigas guarani e galega falaron o sábado, antes de que Perla collera un avión, para ir aqui.


E nunha semana tamén irá a Galiza. E xa falará ela directamente. Como pueblo que é.

Estadisticas de visitas