13 maio 2007

Mal du pays

Saudade, nostalgie, mal du pays, nostalgia, heihmweh, homesickness, morriña

De todas as linguas, penso que escollería a de mal du pays: nostalxia da terra natal.

Un bon día, despóis de varios años no exterior, gardei este sentimento na neveira, pensando que as patrias se levan dentro con independencia de onde vivas.

Distancias patrias do primeiros portugueses nas conquistas de Africa. Emigrantes galegos de América. Sentimento, enfermidade non tipificada, carencia, amargura, doencia da alma cultural de moitos pobos como o galego? Pode que nova xeración atopara cura parcial, remendo ou elixir nas novas tecnoloxías. Na vella xeración, fica intacta, nas formas e nos contidos, embotellada como un tesouro do que non queren desfacerse e do que tampouco hai que menospreciar aínda que moitos políticos utilizaran como unha marca, a da morriña. Nunca cuestionei a quen a sinte, quen a leva no peto, nen a quen renuncia a ela. Forma parte da intimidade das persoas da diáspora

E que sentirá quen non ten patria?


Pintura "Mal du Pays", Magritte, 1940

4 Comments:

Blogger Ra said...

Mal du pays me parece perfecta...por suerte,hay quien es capáz de llevar patria en una mochila.
Abrazo, claraflor.

7:07 da tarde  
Blogger Roi Buligan said...

Hai quen di que a verdadeira patria é a infancia...é tamén da infancia hai doenza e morriña...hai outros que se sinten cidadáns do mundo e non deberian acusar do mal du pays pero sempre hai unha raigame por pequena que sexa que nos ubica no mundo...creo

2:26 da manhã  
Blogger Suso Lista said...

De acordo con roi; todo o mundo añora algo, sea o que sea, un pais, a infancia un obxeto, unha idea...Mentras a patria non rompa, todo vai ben, je je.

6:27 da tarde  
Blogger Mrs.Doyle said...

Eu creo que ese concepto é parte do ser humano, e como tal ten diferentes etapas. Eu ao principio sufría moito este mal pero ese sentimento vaise transformando sen desaparecer ata a data de hoxe... Agora podo decir que teño o lugar onde nacín pero teño outros lugares de adopción onde fun ben acollida como un fillo máis e eso éncheme de satisfacción e mitiga esa morriña pola terra natal.

5:13 da tarde  

Publicar um comentário

<< Home


Estadisticas de visitas