28 agosto 2008

Testemuña dun mesmo


¿Podré con esta llave
entrar en los amores del crepúsculo?
ojalá amemos sin bochorno

ojalá amemos

ojalá

Unha vez, estiven ao lado del. Impresionoume tanto que non tiven a ousadia de falarlle, e ollo, que eu son persoa extrovertida. Non sei se por respeito ou porque seus poemas xa me decian tanto, que non facian falta máis palabras nen un episodio de admiración. A él non, a Mario, non.


Volta Benedetti a deleitarnos cos seus novos poemas, no fin dunha vida plena, comprometida, polivalente.


Montevideo homenaxeao, cántao e recitao.


Mario Benedetti xa non precisa palabras, vai portátil, pegado como as medusas do rio da Prata.

04 junho 2008

Ia por Bos Aires e vin este anuncio. Era a homenaxe ás galegas ciberneticas. Falaba delas, falaba de vós, falaba de nós, falaba dela, falaba de ti, falaba de min.

03 abril 2008

Adeus, querida Paz

24 março 2008

Paz Noya

Paz esperou en París e o ril chegou. Chegou e instalouse, mais o corpo xa estaba canso. Foisenos estes dias cun corpo que non acompañaba a súa ilusión, un carácter vital e optismo. O contido non se correspondia co continente. Tantos proxectos, que fican sen facer, neste caso porque precisaba a autonomía que o novo ril lle ía a dar. O sábado paz volta á Terra, e o domingo, a refundir continente e contido no Monte de Santa Tegra, como ela queria.

15 março 2008

Mélanges


Na escola fixeron hoxe unha festa que se chamaba nations du monde. Chamei a Miguel Allo a ver se podia achegarse a colaborar. Ao home de azul gustoulle tanto, que grabouno abraiado. Non sabia onde fica Galiza, ate hoxe. Son as curiosidades sen complexos provocadas pola beleza dunha nota galega.

03 março 2008

Eu xa votei

17 fevereiro 2008

Eu serei teu espello


I’ll be your mirror
, non significa eu serei o teu refrexo, senon eu serei a túa ilusión.


Jean Baudrillard
Sociólogo e filósofo francés

12 fevereiro 2008

Amiga Nani

Hai amigas desas que abren as portas do mundo, desas que acollen aos descoñecidos sen perguntar, facendo que se integren, que participen, que sexan tratados sen prexuizos, malia os impedimentos. Hai amigas como Ana Maria Stuart, que marcan época na solidaridade internacional. E marchan de vagariño deixando ese ollar xeneroso e acolledor.

Estadisticas de visitas