Amigos

A Galiza Global como espazo, como foro, como casa común e realidade. O mundo galego nos diferentes planos e lugares. A dignificación da emigración e o aproveitamento da proxección galega no campo internacional, a través dela.


De todas as linguas, penso que escollería a de mal du pays: nostalxia da terra natal.
Un bon día, despóis de varios años no exterior, gardei este sentimento na neveira, pensando que as patrias se levan dentro con independencia de onde vivas.
Distancias patrias do primeiros portugueses nas conquistas de Africa. Emi
grantes galegos de América. Sentimento, enfermidade non tipificada, carencia, amargura, doencia da alma cultural de moitos pobos como o galego? Pode que nova xeración atopara cura parcial, remendo ou elixir nas novas tecnoloxías. Na vella xeración, fica intacta, nas formas e nos contidos, embotellada como un tesouro do que non queren desfacerse e do que tampouco hai que menospreciar aínda que moitos políticos utilizaran como unha marca, a da morriña. Nunca cuestionei a quen a sinte, quen a leva no peto, nen a quen renuncia a ela. Forma parte da intimidade das persoas da diáspora

Cor benquerida das linguas da maison. Green, grün, vert, verde.
Encántame aínda que sexa un tópico como o verde do meu país. Hai unhas semanas que estiven alí e dende o bus de Compostela a Vigo, sorprendinme cos fentos que naceron perto das rochas despóis dos incendios que bordean toda a autopista do Atlántico. Discretamente asombrada polas fiestras, como se fora a primeira vez que vía aquel lugar.
A distancia trastoca até as cores. Non sei se hai unha cor que se poida asociar á diáspora galega. Se así fora, eu non escollería nen o azul nen o vermello nen o branco ou preto, senón que escollería o verde. Non por razons obxetivas, senón porque é unha cor aberta, producto de dúas cores, do azul e do amarelo. Mélange. Verde como actitude, como deferencia, como pose, como compromiso, como a cor da armonia. Verde como a esperanza prestada do que debe ser o futuro.
(Foto prestada de Viajando nas palavras).

Estou esperando ao paso da medianoite, para entrar nos 36 esperta. Logo vou dormir, como elas, as postais da porta do meu cuarto: postais regaladas e adquiridas, imaxes de mulleres dormidas na historia da pintura. Se cadra as mais creibles, a Muller de cabelo loiro de Picasso, ou o Desnudo de Modigliani. Unhas durmen ao sol como o Abaporu de Tarsila do Amaral ou sobre os azuis de Matisse. Ate corenta, mais unha especial, a foto dun fermosisimo cadro de Isaac Diaz Pardo, dunha muller galega saida dun lugar ao que nunca vai voltar. Elas durmen.